O programa inaugura a renovación do “pirme time” da Televisión de Galicia neste mes de xuño. Os luns, Miguel Lesta e Leticia Rei achegarán a música, o baile e a cultura de noso á audiencia da televisión pública.
Sobre min
Nacín en Lugo nos anos 80, madurei en Santiago e Barcelona nos dousmiles e agora vivo a maior parte do tempo na Coruña. Estudei literatura e realización audiovisual e, logo de dar moitas voltas, acabei dedicándome a escribir, deseñar e dirixir proxectos culturais e audiovisuais.
A música, a fotografía e a lingua son os temas sobre os que traballo habitualmente. Ler, escoitar música (e intentar facela), ver películas e viaxar polo mundo son as cousas nas que invisto o meu tempo.




