Blog

Palmira Lará: unha viaxe pola nosa tradición

Tarefa

O programa inaugura a renovación do “pirme time” da Televisión de Galicia neste mes de xuño. Os luns, Miguel Lesta e Leticia Rei achegarán a música, o baile e a cultura de noso á audiencia da televisión pública.

Nos últimos anos vivimos unha revolución na música e o baile tradicionais. Despois da efervescencia dos noventa, onde moitos de nós descubrimos a nosa música da man das Leilía, de Berrogüetto, Mercedes Peón ou Luar na Lubre, por citar catro que me acompañaron moito tempo e se fixeron un oco entre os casetes de grunge, britpop e postpunk. Agora son as xeracións máis novas as que converteron a tradición na súa forma de relacionarse co mundo nun sentido amplo, creando, desfrutando e lucindo con orgullo a súa identidade. De todo isto nace Palmira Lará, un programa que estreamos na Televisión…
Ler máis

Regueifar na Domus

Tarefa

A Semana do Cinema Galego incluíu ‘Ao son da nova regueifa’ na súa programación e tivemos a oportunidade de compartir co público o proceso de creación do noso documental. Este proxecto, que percorre o traballo feito nos últimos quince anos por tanta xente, está a recibir unha acollida fantástica tanto polos contaxiados do virus da improvisación oral como para os recén chegados.

O auditorio da Domus é un dos grandes espazos descoñecidos da Coruña. Posiblemente o mellor dotado tecnicamente para proxectar cine fóra da Filmoteca de Galicia ou as salas de cinema que aínda resisten na cidade. Nesta sala, as compañeiras do (S8), Mostra de Cinema Periférico proxectaron un programa da cineasta Margaret Honda que incluía unha peza en 70mm, xa que a Domus conta cun dos poucos proxectores deste formato operativos na Península. Ao contar con tarima diante da pantalla é tamén un lugar marabilloso para convesar co público. Ao son da nova regueifa proxectouse o xoves 9 de abril e…
Ler máis

Moita bichería

Caderno, Tarefa

O sábado 21, coa primavera, chegou tamén o recoñecemento a ‘Bechos’, un dos traballos más divertidos que tiven nos últimos anos.

Teño que recoñecer que sinto certo placer —cada vez menos— culposo escribindo isto unha semana despois de que acontecera. A adrenalina de contar as noticias canto antes, facelo con atención ao detalle, coas mellores fotos e vídeos, sendo inxenioso… fai tempo que se volvera unha sorte de parálise e loita. Pesaba máis non repetirse ca desenvolver o estilo propio para un cliente ou crear unha conversa arredor dun feito. A itenerancia dos últimos anos dos Mestre Mateo, os premios do noso audiovisual, levounos este ano por vez primeira a Lugo. Volver alí sempre me resulta raro, mais tamén bonito. Nas…
Ler máis

Unha arma de construción masiva

Tarefa

Fai aproximadamente dous anos entraba en contacto cun proxecto sobre a regueifa. A intención era dar conta do estado desta arte popular de improvisación en verso; pouco imaxinaba eu que atoparía unha realidade de asociacionismo, paixón e cunha implicación da rapazada como había tempo que non vía.

A idea era simple: dar conta do estado da regueifa nun documental. Era algo no que Manolo Maseda —músico, mestre e axitador cultural— levaba anos teimando e recompilando información. Non lle era allea á historia xa que desde que fai aproximadamente dez anos cando, mentres tomaba café, leu no xornal o titular “A regueifa morre con nós”, o burelao decidiu que non podía quedar parado vendo como unha parte da nosa cultura morría por falta de relevo xeracional e adaptación aos tempos. Ademais de impulsar unha materia sobre a regueifa no ensino público xunto co Séchu Sende, organizar eventos e…
Ler máis

Ola, Mundo!

Caderno

Hai mil formas de comezar un caderno. Explicar de onde vén o feito de incoporalo na nova web é unha delas.

A última vez que me enfrontei á primeira entrada dun blog aínda estaba na universidade; Amazon era unha libraría online, Instagram non existía, Twitter era unha ferramenta aínda de nicho recoñecible polo paxariño azul no canto dun X e Facebook apenas tiña impacto nas nosas vidas. Ou menos do que agora, entendendo isto como queiras entendelo. Coincidiu tamén despois da ponte de decembro. Aquela primeira entrada estaba marcada como 10-12-06 e foi o comezo de pouco máis de tres anos de actualizacións frecuentes, de coñecer moita xente nas redes que se tecían —chegamos a facer festas de blogueiros das que…
Ler máis