O meu día a día. As anotacións sobre o que me pasa pola cabeza, o que me interesa neste momento ou simplemente o que sucede sen máis.
Moita bichería
O sábado 21, coa primavera, chegou tamén o recoñecemento a ‘Bechos’, un dos traballos más divertidos que tiven nos últimos anos.
Teño que recoñecer que sinto certo placer —cada vez menos— culposo escribindo isto unha semana despois de que acontecera. A adrenalina de contar as noticias canto antes, facelo con atención ao detalle, coas mellores fotos e vídeos, sendo inxenioso… fai tempo que se volvera unha sorte de parálise e loita. Pesaba máis non repetirse ca desenvolver o estilo propio para un cliente ou crear unha conversa arredor dun feito. A itenerancia dos últimos anos dos Mestre Mateo, os premios do noso audiovisual, levounos este ano por vez primeira a Lugo. Volver alí sempre me resulta raro, mais tamén bonito. Nas…
Ler máis
