Añobres – Alana

Videoclip
Dirección, Einibó, Música, Undodez

Añobres é unha homenaxe a Delfina, unha muller cuxas coplas foron recollidas por Dorothé Schubarth no 1979 para o Cancioneiro Popular Galego. O videoclip, protagonizado por Xoán Fórneas, foi rodado na casa natal de Delfina, no lugar de Añobres, en Muxía, e conta coa participación dos seus familiares e dos membros de Alana: Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro.

Partindo dunha idea do grupo e da xenerosidade e o talento de Xoán, dirixín este vídeo xunto con Adolfo Fernández, quen se encargou tamén da fotografía e a montaxe. O resto do equipo formárono Miguel Vázquez na produción, Laura Villar no vestiario e estilismo, Lucas Lombardía no dron e na imaxe e Laura Canto na dirección de produción de Undodez.

Máis proxectos