Bechos

Infantil
Guión, Idea Orixinal, Undodez, Xabarín

Creada xunto a Sofía García, Bechos é unha serie de animación para primeiros espectadores producida por Undodez para a Televisión de Galicia dirixida e debuxada por Laura Mahía. A serie conta as aventuras de Xurxo, Xiana, Catuxa e Margarida, catro animaliños que cada día buscan un xeito de entreterse e desfrutar da amizade.

Bechos conta coas voces de Xosé A. Touriñán, Marita Martínez ou Patricia Castrillón entre outras actrices e actores. A música é de Santi Jul e Iván Laxe.

Composta por dúas temporadas de dez episodios cada unha, son autor de catorce dos seus guións. A serie é unha a aposta da televisión pública polos contidos en galego para a rapazada.

No ano 2026 recibiu o Premio Mestre Mateo a mellor serie web.

Parte do equipo de ‘Bechos’ no Photocall co Mestre Mateo. Foto: Aigi Boga
No photocall artístico dos XXIV Premios Mestre Mateo. Foto: Bego Pérez

 

 

Máis proxectos