Bibopalula

Infantil
Guión, Undodez, Xabarín

Bibopalula é unha serie musical deseñada para ver múltiples veces por espectadores primeirizos, de ata catro anos. Colorida, divertida e ambientada nun bosque, a serie componse de historias de cinco minutos protagonizadas por paxaros que teñen un grupo musical e nas que a natureza ocupa sempre un lugar principal.

Protagonizada pola pega Pegui, o merlo Merli, o paporrubio Robin e o peto Carpin, a serie busca achegar a vida natural próxima a nós ás nenas e nenos que se achegan por vez primeira ao audiovisual. O final felicísimo desta aposta viría cando eses primeiros espectadores recoñeceran a Pegui -ou a outros dos protagonistas das historias- nun parque ou identificasen o cambio das estacións pola chegada das aves que migran.

Escribín nove guións da primeira temporada desta serie producida por Undodez e dirixida por Laura e Andrés Mahía. A música orixinal é de Santi Jul e Iván Laxe e podes escoitar as cancións nas principais plataformas.

Máis proxectos