Daniela é unha carpinteira que ten unha misión: axudar coa reciclaxe. Quere arranxar o alpendre do xardín para festexar o seu aniversario, mais a tarefa non será doada xa que apenas ten tempo para darlle unha nova vida. Da súa man aprenderemos a restaurar mobles e outros obxectos para darlles unha nova vida.
Producido por Chiripa Producións para AGalega, Lixa e Verniz é un espazo no que aprender bricolaxe dun xeito diferente. Daniela é unha rapaza que descubriu a súa paixón pola restauración logo de comezar a traballar nunha carpintería. Escribín os guións para este formato creado e dirixido por Eva Alonso e César Seijas.









