O mar non só é o hábitat de peixes, cetáceos, algas e outros seres vivos. É o modo de vida de moitas vilas e cidades, unha ruta de comercio, un lugar de ocio, fonte de riqueza e tamén de traxedias. O mar é un modo de vida, unha identidade. O Atlántico defínenos moitas veces como galegos, pero tamén ten a súa identidade propia, e o seus sons.
Xeosónica é unha exploración dos ruídos do mar, dos que percibimos, dos que non e dos que non sabemos que percibimos. Unha aproximación ao son cunha mirada artística e un enfoque experimental.
O proxecto contou cunha peza audiovisual, unha instalación artística nun contedos marítimo itinerante, pílulas divulgativas e varias pezas de música experimental creadas polos artistas Juanma LoDo, Marco Maril, Carlos Suárez e Acacia Ojea.












