Blog

Categoría “Infantil”

Bibopalula

Bibopalula é unha serie musical deseñada para ver múltiples veces por espectadores primeirizos, de ata catro anos. Colorida, divertida e ambientada nun bosque, a serie componse de historias de cinco minutos protagonizadas por paxaros que teñen un grupo musical e nas que a natureza ocupa sempre un lugar principal. Protagonizada pola pega Pegui, o merlo Merli, o paporrubio Robin e o peto Carpin, a serie busca achegar a vida natural próxima a nós ás nenas e nenos que se achegan por vez primeira ao audiovisual. O final felicísimo desta aposta viría cando eses primeiros espectadores recoñeceran a Pegui -ou a…
Ler máis

Bechos

Creada xunto a Sofía García, Bechos é unha serie de animación para primeiros espectadores producida por Undodez para a Televisión de Galicia dirixida e debuxada por Laura Mahía. A serie conta as aventuras de Xurxo, Xiana, Catuxa e Margarida, catro animaliños que cada día buscan un xeito de entreterse e desfrutar da amizade. Bechos conta coas voces de Xosé A. Touriñán, Marita Martínez ou Patricia Castrillón entre outras actrices e actores. A música é de Santi Jul e Iván Laxe. Composta por dúas temporadas de dez episodios cada unha, son autor de catorce dos seus guións. A serie é unha a aposta da televisión…
Ler máis